Comunicado do PsdeG-Psoe do Irixo sobre os parqes eólicos

IES CHAMOSO LAMAS

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE O IRIXO LAMENTA o pasotismo en informar e asesorar de forma activa, efectiva e real a veciñanza afectada polos parques eólicos no Irixo.

Nin un bando, nin unha reseña oficial sobre os parques eólicos que afectan o Irixo no periodo de alegacións.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Informar a veciñanza cando esta vencido xa o prazo de alegacións e facer que se fai cando no se fai nada, non e mais que xustificar autopublicidade dun mesmo.

Os proxectos eólicos son moi importantes e necesarios para a nosa sociedade, e son unha riqueza en términos xerais para a sociedade e en particular para as comunidades onde se asentan, sempre que estes proxectos se fagan respetando o medio donde se instalan e sobre todo estes non deben perxudicar de forma clara a vida da veciñanza do lugar.

“Non se pode falar realmente da existencia de procesos de consulta pública, de procesos de debate, senón de procesos de información ao público, apenas divulgados, nos que ademais o acceso á información e á documentación é limitado, dificultoso e require especial motivación, formación e dedicación”.

Vista a situación dos proxectos eólicos no Irixo O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA UN CAMBIO NO PLAN EÓLICO OU NO SEU DEFECTO DUNHA MORATORIA NA AUTORIZACIÓN DOS PARQUES EÓLICOS QUE AFECTAN O IRIXO, PARA QUE AS ADMINISTRACIÓNS COMPETENTES CORRIXAN AS EIVAS DOS PROXECTOS EÓLICOS, e no seu caso a veciñanza poida ser informada e participe dos proxectos e non so meros espectadores perxudicados en moitos casos.

Que por todo o manifestado, e visto o estado no que se atopan os proxectos dos PARQUES EÓLICOS NO IRIXO, e ante a total indefensión que se provoca a falta de información e as eivas dos proxectos a veciñanza o Grupos Municipal Socialistas do Concello de O Irixo presentan para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal do seu concello a seguinte MOCIÓN  instando a adopción dos seguintes acordos:

1º.-  Que o Concello de O Irixo solicite UN CAMBIO NO PLAN EÓLICO OU NO SEU DEFECTO unha moratoria na autorización de parques, para que as administracións competentes corrixan as eivas dos proxectos eólicos que afectan o Irixo.

2º.- Que o Concello de O Irixo como norma xeral, SEMPRE EN TEMPO E PRAZO, proceda a informar e asesorar de forma activa, efectiva e real a veciñanza afectada polos parques eólicos no Irixo.


VIDEO SPOT O IRIXO en BADAL TV