Declaración institucional da Xunta de Galicia co gallo da conmemoración do día internacional da muller e da nena na ciencia 2022 Institucional

O 11 de febreiro é desde 2015 unha data que aposta polo futuro da ciencia en feminino. Así o estableceu a Asemblea das Nacións Unidas ao acordar designar esta data como o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia para reivindicar a importante achega realizada polas mulleres a prol da ciencia e polo tanto do progreso da sociedade na súa totalidade.

A conmemoración desta data fainos mirar cara atrás, cando as mulleres participaron de forma invisibilizada e discreta nos avances científicos da historia, pero tamén nos fai ollar ao futuro dunha maneira máis optimista, onde elas están chamadas a ocupar o verdadeiro lugar que lles corresponde, liderando o coñecemento e a investigación en todos os seus ámbitos, xa que a diversidade sempre achega novas perspectivas, talento e creatividade.

Pese aos avances rexistrados nos últimos anos en canto á participación das mulleres na ciencia, debemos ser fieis aos datos e lembrar que segundo se desprende do avance do informe europeo She figures 2021, na ciencia persiste a segregación horizontal, que se caracteriza pola existencia no mercado laboral dalgunhas actividades e/ou profesións con maior participación masculina e outras máis feminizadas, de tal modo que se corresponden con estereotipos de xénero aínda presentes na sociedade.

PUBLICIDADE ELECTORAL