A música será a gran protagonista no entroido carballiñés

Logo das reunións mantidas por responsables do goberno municipal con representantes das comparsas e da hostalaría, o Concello do Carballiño presenta a programación para esta nova edición do Entroido, cun gran número de actuacións musicais itinerantes, ó prácticamente imposibilitar o decreto da xunta a realización de actividades estáticas como é o caso das orquestras. Tamén aproveitan para recordar que o tradicional desfile de entroido quedou posposto para o mes de xullo, coincidindo co Entroido de Verán, tal e como se acordou coas comparsas. Asemade, as comparsas animarán ós seus membros a participar nas diferentes xornadas do Entroido da capital da comarca.

Os máis cativos serán os protagonistas da primeira xornada do Entroido, que se levará a cabo  o sábado 19 de febreiro a partir das 16h na Insua dos Poetas, baixo o título “Entroido para rapaces”, e na que non faltará a animación musical, os xogos, un concurso e ata orellas e filloas de Entroido. O evento, que será de balde, cumprirá estrictamente as normas en materia de seguridade e hixiene. Dende o Concello do Carballiño agradecen a implicación da Fundación Insua dos Poetas na vida cultural da comarca, que ademáis conta cun espazo único para a realización de actividades e anima á veciñanza a que visiten o maior parque escultórico de Galicia ó ar libre.

AVANTAR ACTIVIDADES

O venres 25 comeza ó grande a música polas rúas da vila ca charanga Louband, unha das mellores de Galicia, e a Fanfarria Furruxa. O sábado  a animación correrá a cargo das charangas Castro Bello, Santa Compaña e  a charanga folk “ Feitizo de Pau”. O domingo serán os incombustibles “Liborianos” e  “Festicultores Troupe” os encargados de poñer a música e o humor.

O luns 28, víspera do festivo, serán as charangas locais CLK e DR.Anchoa as protagonistas da xornada e deirán paso ó martes que contará ca presenza da charanga folk “Terras do Arenteiro”, a charanga Europa e os Liborianos.

En canto ó Mércores de Cinza, as autoridades municipais decidiron manter a xornada cambiando o tradicional desfile e queima da “Sardiña” por un espectáculo itinerante de humor e música “funeraria “ polas rúas da vila, creado para esa xornada polo grupo carballiñés “Os Tres Galeguiños” que ademáis contarán ca presenza dun grupo de convidados que se animaron a acompañalos nesta nova experiencia.

O Domigo de Piñata o Carballiño celebrará a tradicional Festa da Cachucha, onde un gran número de locais da hostalaría carballiñesa serán os protagonistas que, dende a semana que ven, publicitarán o menú e o número de teléfono para que todas aquelas persoas que se acheguen realicen as súas reservas pois, dende o colectivo, animan a que se realicen con bastante antelación e recordan que contan con todas as medidas de seguridade para que os comensais disfruten deste manxar dunha forma segura. Tamén, e tal como recordaron na reunión, destacan a calidade da materia prima utilizada, abastecida por provedores locais, que son parte do éxito dunha festa que xa é un referente en Galicia. A xornada estará amenizada dende a mañá polas charangas CLK, CastroBello e DR.Anchoa e, como non podía ser doutra maneira, tamén farán presenza os liborianos.

Finalmente, dende o concello do Carballiño, fan un chamamento á participación nunha festa que se recupera logo do parón que supuxo a pandemia, onde humor e música serán os protagonistas e, tamén recordan, a obligación de cumprir a normativa vixente en materia de Covid, destacando o exemplo que leva dando a vila en todos os eventos culturais que se levan realizado dende o comezo da pandemia.