Carlos Sampayo e Lucía Santiago, cun interesante programa na tempada 2022

O equipo ourensán, que este ano estrea copiloto, afrontará novamente o campionato de Europa de Rallys Históricos co Renault 11, ademais de varias probas adicionais

O equipo ourensán Aukor Racing xa ten definida a que será a súa segunda tempada completa no Campionato de Europa de Rallys Históricos, na que despois dunha toma de contacto prometedora, tentarán asentarse entre os mellores da súa categoría.

AVANTAR ACTIVIDADES

Inverno de traballo, revisión e preparación da tempada 2022 no equipo ourensán, que novamente estará na liña de sete das nove probas do certame co afinado Renault 11 Turbo, co que Carlos Sampayo foi mellorando e aprendendo co paso dos quilómetros nas probas continentais.

Renovando a súa aposta polo equipo Past Autos Racing para o mantemento do Renault 11 e coa asesoría técnica de Vallejo Racing, Carlos Sampayo tentará situarse entre os mellores da súa categoría nun certame que se destapou como realmente igualado e competido, debido en gran parte á chegada de grandes talentos dos rallys europeos. Tamén os locais de cada unha das citas poñerán as cousas complicadas a Sampayo, sempre coas cores de Escuadra Ourense ao seu lado.

Para esta nova aventura, Sampayo estreará copiloto. Lucía Santiago ocupará o lugar de *Álex Cid, que esta campaña estará noutro proxecto deportivo. A canaria Santiago conta con experiencia en copas de promoción nacionais e mostrouse realmente motivada con este proxecto europeo.

Calendario Campeonato de Europa de Rallys Históricos 2022

Rally Costa Brava // 17 al 20 de marzo.

Historic Vltava Rally // 6 al 8 de mayo.

Rally du Chablais // 2 al 4 de junio.

Mecsek Rally // 23 al 25 de junio.

Rally Weiz // 14 al 16 de julio.

Lahti Historic Rally // 11 al 13 de agosto. *

Rally de Asturias Histórico // 1 al 3 de septiembre. *

Rally Elba Storico // 22 al 24 de septiembre.

Sanremo Storic Rally // 13 al 15 de octubre.

*No participará salvo que sea necesario.

O calendario de probas adicionais cun vehículo actual aínda está por definir, pero sempre priorizando o Campionato de Europa de Rallys Histórico.

Ademais, como parte da rodaxe e mellora que se pretende obter ao longo da tempada, Carlos Sampayo e Lucía Santiago tamén estarán presentes en varias probas cun vehículo “moderno”. A primeira toma de contacto será esta fin de semana no Rally Sol de Ponent nas Illas Baleares, no que tomarán a saída cun Renault Clio Rally5 co propósito de sumar quilómetros xuntos e chegar á primeira proba do Campionato de Europa, o Rally Costa Brava de Cataluña, o máis axustados posibles.

Este ano, o equipo contará cun segundo vehículo nalgunhas probas. Pablo Sampayo, o fillo de Carlos, que xa debutou hai uns días no Masters de Galicia aos mandos dun Ford Festa R2 T, comezará a súa andaina nos rallys nun proxecto formativo e a medio prazo, no que o propósito é que some quilómetros de experiencia.