Actividades infantís para a conciliación familiar e laboral: Piñor concilia “Diverentroido” 2022

O Concello de Piñor informa da posta en marcha do PROGRAMA DE ACTIVIDADES INFANTÍS PIÑOR CONCILIA “DIVERENTROIDO”, unha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral que consiste en actividades diarias para cativos de 5 a 13 anos de idade. Levaranse a cabo o luns 28 de febreiro e o mércores 2 de marzo (o martes 1 de marzo non habería actividade por ser unha festividade local). As nenas e nenos participantes poderán desfrutar de xogos variados, taller de cociña do Entroido, maquillaxe de fantasía, música…

Aclarar que por mor das medidas preventivas sanitarias contra o COVID19, o período de inscrición será ata o xoves 24 de febreiro e haberá prazas limitadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por último, haberá unhas normas de obrigado cumprimento para familias e menores, así como un desenvolvemento das actividades marcado polo carácter preventivo e polo cumprimento das medidas sanitarias establecidas fronte ó COVID19.

En Servizos Sociais ofrécese máis información e a documentación para formalizar a inscrición, que é totalmente gratuita, e se poderá levar a cabo ata o xoves 24 de febreiro.