Espazo Común presenta unha moción para que o Concello arranxe as dúas depuradoras de auga e deixe de pagar sancións

 Despois de 10 anos, a do Carrás segue sen legalizar e a de Godás recibe multas por exceso de verquidos.

Este vindeiro mércores, ás 9:30, terá lugar a sesión plenaria do mes de febreiro no Concello do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Espazo Común segue coa xeira de propostas encamiñadas á implementación de melloras no funcionamento dos diferentes servizos municipais e polo tanto no camiño de procurar unhas máis satisfactorias prestacións para os cidadáns.

En todo caso, seríano se o goberno de Fumega, aparte de aprobalas, executara algunha.

Neste pleno, aportaremos unha moción cuxo fin é que o grupo de goberno municipal acometa xa dunha vez as melloras necesarias para que as dúas EDARES con que conta, a do Carrás e a de Godás do Río, deixen de recibir sancións por non ter feito a necesaria adaptación á legalidade vixente.

No caso da do Carrás, recepcionada no ano 2011, 10 anos despois, segue sen ter legalizados os seus verquidos. Un trámite imprescindible para que os organismos de control medioambiental deixen de impor sancións ao Concello.

Tampouco é menor o feito de que esta eiva trae consigo unha grave falla de coidado do río e do seu entorno, co conseguinte impacto medioambiental negativo.

No caso da de Godás do Río, a falla dunha modernización e dunha sensata reparación dos sistemas de canalización de recollida de pluviais, conleva que tamén se teñan pagado xa sancións á CHMS (Confederación Hidrográfica Miño-Sil).


MOCIÓN PARA QUE SE REGULARICEN AS EDARES DO CONCELLO DO CARBALLIÑO

O Concello de Carballiño é propietario de dúas EDAR (Estación Depuradora de Augas
Residuais), instalacións fundamentais para a debida reciclaxe dos verquidos provintes
do saneamento dos diferentes núcleos de poboación antes do seu retorno aos caudais
fluviais.
O seu estado e bo uso, incide especialmente no aspecto medioambiental e de coidado
dos ríos.
Lamentablemente, no noso concello, estas estacións presentan numerosas eivas que
están a ocasionar infinidade de problemas. Sobre todo, verquidos irregulares que
levan provocado numerosas sancións ás que tiveron que facer fronte as arcas
municipais.
Despois de tres anos sendo preguntado o goberno polo Grupo Municipal de Espazo
Común nos plenos, as respostas viñeron sendo sempre as mesmas: xa está en proceso,
está en máns dos técnicos, está en máns da empresa concesionaria…
No ano 2011, o Concello do Carballiño recepcionou a EDAR (Estación Depuradora de
Augas Residuais) do Carrás.
A obra, executada pola Xunta de Galicia cun custo superior aos 5 millóns de euros e co
obxectivo de resolver o problema da recollida do sanemeanto que daquela afectaba a
numerosas áreas do pobo.
Dende entón, hai agora 10 anos, segue sen legalizar a autorización de verquidos ao río
Carrás.
Por outra banda, a EDAR de Godás do Río, xa hai tempo que ven presentando
problemas polo aumento do caudal que recibe, moi superior ao que pode soportar e
os residuos que manda ao río Arenteiro en numerosas ocasións provocan un serio
problema de cheiros e contaminación ten motivado moitas queixas de pescadores ou
veciños que empregan o sendeiro adxacente para pasear ou facer deporte.

Tendo en conta o elevadísimo custo que ten a xestión da auga para o Concello do
Carballiño, é inaceptable que se sigan a pagar sancións e a contaminar os nosos ríos
sen que se faga nada para resolvelo.
Visto todo o anteriormente comentado,
SOLICITAMOS

  1. Que se acometa con urxencia o procedemento necesario para a
    regularización e posta ao día das EDARes do Concello do Carballiño.