Este venres día 18 de febreiro no Cine Club proxeción de “Maixabel” de Iciar Bollaín , unha das triunfadoras dos premios Goya deste ano con tres estatuíñas

Este venres día 18 de febreiro realizaremos un cambio na nosa programación prevista, proxectando a última cinta de Iciar Bollaín, Maixabel, unha das triunfadoras dos premios Goya deste ano con tres estatuíñas: mellor actriz protagonista, mellor actor de reparto e mellor actriz revelación. Excelente filme que aborda o tema de ETA e as súas vítimas, centrado no encontro de Maixabel Lasa (interpretada por Blanca Portillo), viúva dun asasinado pola banda terrorista, con un dos seus asasinos, magnificamente interpretado por Luis Tosar. Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.