O pleno do Carballiño aprobou as 4 mocions emitidas pola oposicion esta sesion de febreiro.

O pleno do Carballiño rendeu esta mañá unha homenaxe ás vítimas do naufraxio do buque galego “Villa de Pitanxo”. , representantes dos grupos político gardaron un minuto de silencio decretado pola Xunta de Galicia en memoria dos falecidos nesta traxedia sucedida en terranova, con 10 mortos e 11 tripulantes do pesqueiro desaparecidos.

As sesión comezou co recoñecemento extraxudicial de créditos que foi aprobado polo partido socialista ca abstención co resto dos grupos., entre elas figuraba o convenio ca asociación de rede de ciudades que camiñan ou a asociación do Camino Miñoto ribeiro., a oposición pedia explicacions polos beneficios para o Carballiño a presenza nestas asociacions.

O pleno aprobou a moción do Bng sobre o apoio a figura de Rosalia de Castro e o nomeamento do dia 23 de febreiro como dia de Rosalia, o grupo de gobernó propuso unha transacion onde descartou en calquera caso a lectura publica  ou a compra de libros para os colexios neste ano, por causa da pandemia

PUBLICIDADE ELECTORAL

A modificacion ordenanzas municipais bens de natureza urban ou plusvalias se aprobou ca abstención do Bng e Espazo Común e en contra do partido popular, o partido popular propoñia un cambio no sistema de liquidación do usuario . Ainda qe a proposta do PP no se aprobou, O concello esta abierto a cambios na facilitacion deste Pago o cal estiveron de acordo os grupos 

O pleno tamen aprobou por unanimidade que o concello lidere unha plataforma de apoio o enlace ag 53 ca autoestrada ag 56 , enlace que sairia a altura de Airiz., o que achegaria o Carballiño ca provincia de Lugo.

Espazo común tamen emitiu unha moción sobre a legalización dos verquidos da depuradora do carras .Un trámite imprescindible para que os organismos de control medioambiental deixen de impor sancións ao Concello. O alcalde explicou que levan desde mediados do 2019 esperado resposta por parte do organismo de conca que en diversas ocasións requiriu documentación para solucionar o problema. Espazo común poñia a cifra de 200 mil euros como gasto innecesario do concello pola mala xestion. O Partido Popular tamen culpa a confederacion hidrografica por non contestar os expedientes nos anos anteriores o 2017 , como no ano 2012 e 2013, polo que segundo o grupo popular a responsabilidade tamen é da confederacion hidrografica por non rematar o expediente nen solicitar informacion o concello. o Alcalde Francisco Fumega entende que non habera que pagar esa cifra polo que encargou un estudo a un laboratorio independente , a informacion – afirmou o alcalde – esta enviada dende fai oito meses e ainda non se recibiu resposta. A moción de legalizar os verquidos aprobouse a favor por unanimidade

Por ultimo aprobouse por unanimidade a moción do grupo popular sobre a melllora da aaccesibilidade nas ruas e edificios publicos tanto na vila coma tamen no rural. o grupo de goberno nomeou as melloras de accesibilidade no acondicionamento de ruas da vila asi coma en edificios publicos asi coma nos futuros proxectos da vila.