A Xunta informa aos veciños de Avión das vantaxes de implementar unha aldea modelo de máis de 15 hectáreas na parroquia de Cortegazas

A Xunta anima aos veciños da parroquia de Cortegazas, no concello ourensán de Avión, a apostar pola implementación dunha aldea modelo ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Así, o subdirector de Mobilidade de Terras,  , mantivo un encontro con parte dos 99 propietarios que estarían implicados na aldea modelo solicitada polo consistorio, que abranguería unhas 15,11 hectáreas distribuídas nunhas 727 parcelas.

Na xuntanza, o subdirector lembrou que as aldeas modelo son un dos principais instrumentos contemplados na nova norma para recuperar, neste caso, contornas de núcleos de poboación. Así, xunto cos polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta, trátase dunha ferramenta concibida para crear nova actividade económica no rural, contribuíndo á xeración de riqueza e á fixación de poboación, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais, ao exercer esta actividade de devasa natural fronte aos lumes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tras o encontro informativo, agora procederase á recollida de sinaturas requirida para a posta en marcha desta aldea modelo de Cortegazas, en Avión.  de recuperar e dinamizar o territorio.