A Xunta autoriza a transferencia da travesía de Trasariz ó concello de Cenlle

O concello de Cenlle e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade asinaron este pasado mes de xaneiro un convenio de colaboración para executar as obras de humanización e o reforzo da seguridade neste antigo treito de titularidade autonómica, de preto de 450 metros de lonxitude, que conecta co núcleo de Trasariz.

Mediante este convenio, a Xunta asume o custo da execución das actuacións, mentres que o municipio ourensán asumiu o compromiso de aceptar, de xeito previo á licitación, a titularidade deste treito.

AVANTAR ACTIVIDADES

As obras teñen por obxecto a construción dunha senda peonil, para favorecer o tránsito seguro dos veciños de Cenlle, ao tempo que se mellorará a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida e se contribuirá a humanizar o contorno da Casa do Concello.