Sábado 19, Xornada de Portas Abertas para coñecer as Casas do Maior de Boborás.

Será o sábado 19 de febreiro. Das 10 as 14 horas poderase coñecer a Casa Maior “O muiño” situada en Feás. Das 16.00 as 20.00 horas, será o turno de “A Garatuxa” de Cameixa.

Lembramos que son Servizos gratuitos a modo de centro de día para ata 5 persoas por centro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Deixamos abaixo a info correspondente a solicitude de praza. Os trámites fanse nos Servizos Sociais do Concello de Boborás.

  • info: 988402008

As potenciais persoas beneficiarias do servizo Casas do maior son as persoas que teñan recoñecida unha situación de dependencia en graos I e II, ou que, tendo presentada a solicitude de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema, non se lle recoñecese grao por non acadar a puntuación suficiente, e que residan nos concellos onde se pon en marcha unha destas casas do maior.

Requisitos:

  1. Ter recoñecida unha situación de dependencia en grao I ou II.
  2. Ser maior de 60 anos de idade.
  3. Cumprir un dos seguintes requisitos:
    a. Non recibir ningún outro recurso do SAAD
    b. Estar recibindo o Servizo de Axuda no Fogar
    c. Estar recibindo a Libranza para coidados no contorno familiar
  4. Estar en fase de elaboración ou revisión do seu PIA e solicitar este servizo. O órgano de valoración da dependencia determinará se é a modalidade de intervención máis adecuada, e en caso de que a proposta difira da solicitude, deberá motivalo adecuadamente.

Compatibilidades:

  1. Co Servizo de axuda no fogar (SAF)
    Grao de dependencia SAF Casa do maior
    Grao I Ata 10 horas/mes Ata 80 horas/mes
    Grao II Ata 23 horas/mes Ata 80 horas/mes
  2. Coa libranza para o coidado no entorno familiar
    Grao de dependencia LCEF Casa do maior
    Grao I e II Ata 80 horas/mes Ata 80 horas/mes