Fabiola García destaca a aposta da Xunta pola atención temperá e a educación no apoio ás persoas coa síndrome de Asperger

17,00 h.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, participará no acto institucional con motivo do Día internacional da síndrome de Asperger. Na sala de xuntas da Consellería. foto xoán crespo 18/02/2021

A conselleira de Política Social participou no acto institucional organizado por Autismo Galicia con motivo do Día Internacional da Síndrome de Asperger

Os orzamentos do ano 2021 incrementan nun 5% o investimento para unidades de atención temperá ata os 3,4 millóns de euros para a creación de oito novos puntos

AVANTAR ACTIVIDADES

Pon en valor a primeira FP Básica de Galicia, posta en marcha pola Consellería de Educación no curso 2014-2015 para atender a alumnos con necesidades especiais

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe a aposta da Xunta pola atención temperá e a educación no apoio ás persoas coa Síndrome de Asperger e as súas familias. Así o manifestou durante a súa intervención no acto institucional organizado por Autismo Galicia con motivo do Día Internacional da Síndrome de Asperger.

Fabiola García sinalou que esta efemérides é unha oportunidade para dar visibilidade ao trastorno do espectro autista, apoiar ás familias que conviven con esta situación e agradecer ás entidades sociais o seu traballo para unha maior inserción deste colectivo a nivel social, laboral e educativo.

Así mesmo, lembrou que o Goberno galego busca apoiar e acompañar estas persoas e as súas familias desde a infancia ata a idade adulta. Neste sentido, a Xunta incrementou neste 2021 o orzamento destinado á posta en marcha dos servizos de prevención, identificación e actuación. O Goberno galego aumentou, así, nun 5% o financiamento das unidades de atención temperá, ata os 3,4 millóns de euros, para poñer en marcha oito unidades máis e alcanzar as 35.

Por outro lado, a conselleira resaltou que a Xunta tamén procura garantir a formación e a integración laboral deste colectivo. A Consellería de Educación impulsou no curso académico 2014-2015 a primeira FP Básica de Galicia adaptada ás necesidades específicas dos alumnos. Unha modalidade que neste curso ofertou 540 prazas e que conta cunha ampla gama de especialidades.