O Carballiño mantén a tendencia á baixa, descendendo ós 168 contaxios activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, pasa dos 196 ós 168 contaxios. Maside conta con 36 casos activos, e San Amaro baixa dos 43 ós 22 casos. Boborás presenta 19 casos e Beariz 16. San Cristovo de Cea presenta 12 casos. O Irixo conta con 9 contaxios e Piñor conta con 8 casos e Punxín con 5.

Ribadavia baixa ata os 119 contaxios. Leiro conta con 64 casos activos. Cortegada e Arnoia con 23 casos cada un deles. Os demais concellos están todos por baixo da vintena de casos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 1.063 contaxios. O número de casos activos descenden hoxe ata os 25.970. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 31 están en UCI e 567 en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 132 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 3.001. En canto á presión hospitalaria, contamos con 77 persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7  na UCI.