A pasada semana, os alcaldes da contorna, o delegado do goberno en Galicia José Miñones , o delegado territorial da xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, presidiron a xornada de traballo sobre o plan de sostenibilidade turística en Ourense termal no balneario de Laias.
A proposta levada polo concello do Carballiño foi a creación dun parque lúdico-termal destinado ó ocio, como proxecto a longo prazo. O concello mantén contacto directo ca Deputación e o Inorde sobre este tema, pero aínda non hai un proxecto en firme.
Ademais, tamén se proxectan pequenas actuacións para a zona do Bañiño e outras fontes, así como a mellora da accesibilidade.