A hostalaría poderá solicitar a instalación de terrazas ata o próximo luns

Ata o 28 de febreiro mantense aberto o prazo para solicitar a instalación de terrazas de hostalería de tempada para este ano 2022. As solicitudes son tanto para renovación como para primeira autorización.

O período de ocupación para este exercicio 2022 na tempada estacional é dende o 09 de abril ata o 31 de outubro de 2022. Os modelos de solicitudes poderán recollerse no Departamento de Servizos Públicos e Información ou no Rexistro xeral do Concello

AVANTAR ACTIVIDADES

ou ben, descargarse da páxina web do Concello (www.carballino.gal) dentro do portal de transparencia/normativa/ordenanzas e regulamentos.