O BNG de Toén solicita ao concello a instalación de fibra óptica en todo o termo municipal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Para evitar deste xeito que se produzan agravios comparativos entre a veciñanza das distintas parroquias do concello, rematando de vez coa grande indignación que teñen as veciñas das parroquias que aínda non desfrutan deste servizo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O BNG no Concello de Toén vén de rexistrar un escrito no que solicita que a instalación da fibra óptica se materialice nos distintos lugares e parroquias do concello, xa que actualmente só se levou a cabo en Toén, Moreiras e nunha parte de Mugares.

Desde a formación nacionalista advirten da importancia que ten na actualidade que toda a cidadanía poida ter acceso ao mundo dixital, sen que se produzan os agravios comparativos existentes nestes momentos no Concello de Toén xa que como advirten desde o BNG, dependendo da parroquia na que residas poderás desfrutar ou non deste servizo.  Este feito está a xerar na actualidade unha grande indignación na veciñanza daquelas parroquias que aínda non teñen instalada a fibra óptica nas súas rúas.

Este é motivo fundamental polo que os representantes locais do BNG de Toén veñen de rexistrar esta iniciativa, pretendendo pór en coñecemento da alcaldía do concello esta situación e urxindo ao Goberno Local a pórlle fin o antes posíbel.