Os máis pequenos celebran o Entroido na Insua dos Poetas

Os máis cativos foron os protagonistas da primeira xornada do Entroido, que tivo lugar este pasado sábado na Insua dos Poetas, baixo o título “Entroido para rapaces”, e na que non faltou a animación musical, os xogos, un concurso e ata orellas e filloas de Entroido.

O evento cumpriu estritamente as normas en materia de seguridade e hixiene. Dende o Concello do Carballiño agradecen a implicación da Fundación Insua dos Poetas na vida cultural da comarca, que ademais conta cun espazo único para a realización de actividades e anima á veciñanza a que visiten o maior parque escultórico de Galicia ó ar libre.

AVANTAR ACTIVIDADES