O Carballiño segue en descenso, con tres casos menos para un total de 165 contaxios activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixa levemente ós 165 contaxios, tres contaxios menos. Maside baixa tamén levemente un caso ata os 35 casos activos.

Ribadavia baixa dez casos ata os 109 contaxios. Leiro volve a subir dous casos ata os 66 casos activos. Os demais concellos están todos por baixo dos 30 casos activos, e en ambas comarcas todos presentan contaxios.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 1.586 contaxios. O número de casos activos descenden hoxe ata os 22.834. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 29 (-2) están en UCI e 535 (-11) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 250 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 2.766. En canto á presión hospitalaria, contamos con 77 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (=)  na UCI.