O Grupo Municipal Socialista de O Irixo celebra que na sesión se aprobasen case por unanimidade a media ducia de mocións levadas o pleno polo grupo socialista.

Aprobase por unanimidade a moción socialista – “PARA REQUERIR A XUNTA DE GALICIA UN CAMBIO NO PLAN EÓLICO OU NO SEU DEFECTO DUNHA MORATORIA NA AUTORIZACIÓN DOS PARQUES EÓLICOS QUE AFECTAN O IRIXO, PARA QUE AS ADMINISTRACIÓNS COMPETENTES CORRIXAN AS EIVAS DOS PROXECTOS EÓLICOS.”

Ca aprobación desta moción os socialistas esperan que a Xunta de Galicia tome nota de que o Concello do Irixo quere que se corrixan todas esas eivas e aspectos dos futuros proxectos eólicos do Irixo que poidan ser prexudiciais para o Irixo e a súa veciñanza antes da aprobación definitiva e da súa implantación no noso concello.

AVANTAR ACTIVIDADES

OS SOCIALISTAS AGARDAN QUE SE DE PRIORIDADE MÁXIMA O APROBADO NO PLENO FRONTE A OUTROS PROXECTOS NON NECESARIOS, e no seu caso se se remita a XUNTA DE GALICIA o acordo acadado solicitando un CAMBIO NO PLAN EÓLICO OU NO SEU DEFECTO DUNHA MORATORIA NA AUTORIZACIÓN DOS PARQUES EÓLICOS QUE AFECTAN O IRIXO, PARA QUE AS ADMINISTRACIÓNS COMPETENTES CORRIXAN AS EIVAS DOS PROXECTOS EÓLICOS”, que afectan O Irixo e a súa veciñanza.

Ademais se aprobaron por unanimidade:

– MOCIÓN PARA Á MELLORA INTEGRAL DA ESTRADA DA PARROQUIA DE SAN COSME ENTRE O IRIXO E DOZÓN PARA ACCESO DENDE O IRIXO A AUTOVÍA OURENSE – SANTIAGO. Mellora que os socialistas veñen demandado dende fai anos e solicitando a modo de emenda financiación os presupostos da xunta de Galicia 500 mil na ultima convocatoria para o inicio dos traballos.

– MOCIÓN PARA A CELEBRACIÓN DOS PLENOS DO CONCELLO CADA DOUS MESES SEGUNDO MARCA A LEI DA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE GALICIA E NO ULTIMO XOVES DE CADA DOUS MESES SEGUNDO SE APROBOU NO PLENO DE ORGANIZACIÓN DO PRESENTE MANDATO.

– MOCIÓN PARA MOCIÓN DE APOIO A GANDERÍA.

– MOCIÓN PARA A ESCAVACIÓN, MUSEALIZACIÓN, SEÑALIZACIÓN E POSTA EN VALOR DO CASTRO DE ORROS NO IRIXO.

Na moción “PARA A INFORMACIÓN, EXPOSICIÓN PUBLICA E ASESORAMENTO A VECIÑANZA SOBRE OS PARQUES EÓLICOS DOS COMPLEXOS “VALDEPEREIRA” E “PICO SECO” ENTRE O IRIXO E LALÍN, votada por puntos, o grupo de goberno votou en contra de 1º.- Que o Concello de O Irixo solicite da Xunta de Galicia retrotraer o expediente PARQUES EÓLICOS DOS COMPLEXOS “VALDEPEREIRA” E “PICO SECO” ENTRE O IRIXO E LALÍN ó tramite de exposición publica para facer a exposición publica dos proxectos en ámbolos concellos, exposición publica que non se ten feito.”

Votando so a favor de 2º.- Que o Concello de O Irixo proceda a informar de forma activa, efectiva e real a veciñanza afectada que así o desexe nas dependencias municipais.

3º.- Que o Concello de O Irixo proceda a asesorar a veciñanza afectada que así o desexe nas dependencias municipais, facilitando e asesorando na presentación de alegación e en todos aqueles aspectos necesarios na defensa dos seus intereses.”

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, agarda que a aprobación de estas seis mocións non quede no esquecemento e de verdade o grupo de goberno traballe activamente por facer que se cumpra co aprobado no pleno.