Unha saída de vía dun vehículo deixa un ferido leve en Cenlle

En torno ás 16:15 horas da tarde de hoxe, os bombeiros do GES de Ribadavia foron alertados para acudir a un accidente de tráfico. Tratábase dunha saída de vía dun vehículo, que tivo lugar na estrada A-52, no punto quilométrico 240, á altura do concello de Cenlle. Como resultado, o ocupante do vehículo quedou ferido leve, e os danos materiais do vehículo.