O Delegado da Xunta en Ourense e a xerente de Galicia Calidade visitan adegas da D.O. Monterrei

 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado da xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitaron esta mañá a adega Gargalo, dentro da rolda de contactos con empresas certificadas da provincia.

Fundada en 1998, dentro Denominación de Orixe Monterrei, elabora os seus viños das variedades godello, treixadura e dona branca; viños e licores que se distribúen por toda a xeografía nacional, ademais de contar cunha ampla presenza dentro da Unión Europea e nos países do norte e do centro de América.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ana Méndez tamén visitou esta mañá a adega Quinta Do Buble se dedica dende o ano 2002 á elaboración de viños, empregando como castes principais o godello e a mencía. Métodos tradicionais  para obter uns caldos cos sabores propios do Val de Monterrei.