Ribadavia reforza o servizo de deportes.

OS ORZAMENTOS 2022 PLASMAN O REFORZAMENTO DA ACTIVIDADE DEPORTIVA EN RIBADAVIA.

Ribadavia é un concello cunha importante actividade deportiva. Así se manifesta no Orzamento 2022 do Concello de Ribadavia, que destina tanto á mellora de instalacións deportivas como tamén a axudas directas a todos os clubes deportivos do municipio, sen excepción, que están inscritos no Rexistro do Concello.

AVANTAR ACTIVIDADES

As axudas directas do Concello ao deporte de base é froito da importante actividade e dinamismo dos moitos clubes deportivos que existen en Ribadavia, e que desenvolven as súas actividades en diferentes instalacións deportivas, destacando o campo do Xestal e o Pavillón Municipal do Consello, un dos pavillóns con maior actividade de toda a provincia e o referente comarcal do Ribeiro.

O Concello de Ribadavia realizou no 2021 frecuentes melloras nas súas instalacións deportivas, e para este 2022 pretendese realizar un Proxecto de reforma integral do Pavillón do Consello así como unha solución aos problemas estruturais derivados da súa antigüedade, data de 1987. Proxecto presentado fai meses tanto na Deputación Provincial como na Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta para que colabore con Ribadavia da mesma maneira que o fai con outros concellos.

De feito, case a totalidade dos clubes que utilizan o Pavillón sumáronse coa sinatura á petición de mellora desta infraestrutura, destacando a do balonmán, baloncesto, fútbol sala ou Karate entre outros.

Esta importante actividade plasmase no orzamento do Servizo Municipal de deportes supón un investimento de entorno ao 5% do orzamento xeral do Concello , e que se adica a:

  1. PROMOCIÓN DO DEPORTE (124.000€).

O fomento da práctica da actividade física entre os cidadáns ten varias liñas de actuación:

FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO DEPORTE FEDERADO:(35.400 €) a través dos programa de subvencións a clubs e destinado ao sostemento das entidades e promoción de eventos. Subvención regulado por convenio con 10 entidades deportivas con sede solicial no concello de Ribadavia.

PROMOCIÓN DE EVENTOS :(28.000€) Eventos de carácter federado e/ou popular promovidos polas entidades deportivas en colaboura co CMD , regulados a través do plan director de subvencións a clubs , e outros promovidos directamente polo Concello de Ribadavia atraves do CMD. A promoción de eventos asemade da promoción da práctica da actividade física entre os cidadans tamen teñen por obxetivo a promoción turística de Ribadavia.

Promovidos polo concello a traves do CMD: I CROSS VILA DE RIBADAVIA , CPTO. PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVES ESCOLAR , VII CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO , 28º DIA DA BICI .

Promovidos por entidades/clubs: LIGA GALEGA DE KARATE INFANTIL , V RUTA BTT DE RIBADAVIA

OUTROS PENDENTES DE CONCRETAR.

DEPORTE ESCOLAR e de formación : (22.000 €) a través do plan director de subvencións a clubs , contrato de servizo adicados a programas infantiles , asi como o uso de balde das instalacións deportiva municipais tanto para a actividade de adestramentos e competición dos clubes como para as competicións do programa XOGADE de todolos centros de ensino da comarca, según convenio asinado ca Agrupación Escolar O Ribeiro.

DEPORTE NON FEDERADO(39.000 €) Destinado ao fomento da practica de actividade física para promover habitos de vida saúdables(Deporte para todos/carta europea do deporte) entre a cidadania cunha oferta de actividades destinada a todalas idades como unha oferta de lecer e principalemente de saúde.

  1. MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS .(158.000€)

MANTEMENTO E MELLORAS DOS EDIFICIOS (86.000€) Gasto destinado ao mantemento das instalacións deportivas dependentes do Consello Municipal de Deportes ( Polideportivo O Consello , Piscina Municipal A Veronza , Pavillon Municipal Maquians e Complexo deportivo O Xestal ) . Gasto adicado a suministros , mantemento e conservación, obras e gastos diversos.

GASTOS DE PERSOAL(72.000€) Gasto do persoal dependente do Consello Municipal de Deportes adicado ao mantemento, limpeza, control de accesos , técnicos deportivos e socorristas que atenden no día a dia as instalacións.

  1. ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN do SMD (44.000 €)

O funcionamento administrativo e de xestión do servizo municipal de deportes que se reparte en gasto de persoal , material ofimático de oficina e gastos diversos que se adica a atención ao publico , tramitación administrativa e xestion do servizo. No que temos que suliñar a inversión na dixitalización do servizo (web, xestións on-line de todolos servizos).