O conselleiro de sanidade e o delegado territorial da Xunta en Ourense asisten á entrega de premios da terceira etapa de ‘O Gran Camiño’ entre Maceda e Luintra

  • Julio García Comesaña e Gabriel Alén fixeron entrega do maillot amarelo a Michael Woods como líder da clasificación xeral

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entregaron hoxe a Michael Woods  o maillot amarelo como líder da clasificación xeral da proba ciclista O Gran Camiño tras o remate da terceira etapa entre Maceda e Luintra (Nogueira de Ramuín); un  percorrido duns 148 km que descorre pola Vía da Plata e a carón dos espectaculares canóns da Ribeira Sacra, bañada polo río Miño e Sil.

Trátase dun evento deportivo de primeiro nivel no que colabora a Xunta, e que na provincia de Ourense conta coa participación da Deputación de Ourense, para contribuír a promocionar a marca Galicia como destino seguro e o Xacobeo 21-22 funcionando como polo de atracción turística para os afeccionados ao ciclismo e tamén como unha oportunidade única para a dar a coñecer a nivel internacional os recursos turísticos da comunidade nas 4 etapas polas 4 provincias e das distintas rutas do Camiño de Santiago.

AVANTAR ACTIVIDADES