O Carballiño descende nesta fin de semana máis dunha trintena de casos ata os 143 contaxios activos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixou esta fin de semana ós 143. Maside baixa ata os 27 casos activos. Boborás baixa ós 13 casos e Beariz baixou dos 16 ós 5 casos. San Amaro baixa ós 11 casos e Piñor baixa ós 8. San Cristovo de Cea baixa dos 8 ós 4 casos. Punxín conta con 3 casos e O Irixo con dous.

A comunidade galega rexistra hoxe 831 contaxios novos. O número de casos activos descenden hoxe ata os 18.068. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 26 (+1) están en UCI e 434 (-101) en unidades de hospitalización.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 101 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 2.153. En canto á presión hospitalaria, contamos con 63 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (-2)  na UCI.