O 4 de xuño terá lugar en Ribadavia a sexta edición do festival de ukelele, Ukp Day.

Helen & Shanna

Alondra Bentley, os galegos Helen & Shanna e o portugués Julio Turquesa, entre os primeiros confirmados desta nova edición que vai ter lugar o vindeiro 4 de xuño no Castelo de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES
Alondra Bentley

Despois do formato reducido do ano pasado, esta nova edición volve apostar por despregar o festival na totalidade do recinto interior do Castelo de Ribadavia e volvendo ao formato dos dous escenarios habituais. Ademais tamén se recupera o programa de actividades complementarias como os obradoiros e as intervencións artísticas, entre outros.
Ukpday é un deses festivais con encanto, que apostan por contidos diferentes e pola
exclusividade dos seus concertos, xa que os artistas adaptan o seu repertorio ao ukelele, ou cavaquinho portugués, ofrecendo así unha experiencia única nun marco incomparable como é o Castelo medieval de Ribadavia.

Julio Turquesa


Esta edición volve ter no Concello de Ribadavia o seu principal impulsor e promotor,
apostando polo festival como actividade indispensable dentro do seu programa cultural.
Ademáis, Cervezas Alhambra apoia novamente este evento, pensado para gozar sen présa e cos cinco sentidos, invitando a saborear as súas referencias ao compás das mellores propostas musicais. O festival tamén conta coa colaboración da Xunta de Galicia para difundir as ventaxas do Carné Xove, ofrecendo un 50% de desconto na entrada do festival para a xente máis nova.
A sexta edición do Ukpday vai ter lugar en horario de tarde, a partir das 17:00h e cunha
entrada de pago a un prezo popular de 5€, que será de balde para os menores de 12 anos.
A venta das entradas estará proximamente habilitada na súa web, www.ukpday.com.