O presidente da Deputación acompañou á raíña Sofía na súa visita ao Banco de Alimentos

Manuel Baltar resaltou a importancia desta xornada para reivindicar o traballo da entidade: “A visita da raíña Sofía pon de releve a importancia do Banco de Alimentos, e a alianza que mantén coa Deputación de Ourense”

A raíña Sofía presidiu esta mañá en San Cibrao das Viñas o acto de celebración dos 25 anos do Banco de Alimentos de Ourense, nun acto no que estivo acompañada, entre outros, polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. “Esta é unha ocasión para poñer de releve a importancia desta entidade neste provincia e a alianza que mantemos dende sempre, e que foi especialmente importante durante a pandemia, cunha organización adicada a un fin tan nobre e con peso específico en toda España”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación deulle a benvida a raíña Sofía a Ourense, lembrando os seus vencellos coa provincia: “Hoxe é 1 de marzo, día de San Rosendo. El puxo en marcha o mosteiro de San Salvador, que no ano 1984 recibiu o premio Europa Nostra polo seu traballo a prol do recuperación do patrimonio. Viñera a propia raíña Sofía a Celanova, como veu en 1990 ao mosteiro de Oseira -que tamén recibiu este premio-. Esta é unha oportunidade para lembrar a existencia que a Banda de Gaitas leva o título de ‘real’ pola súa intercesión”. 

Ademais da raíña Sofía e o presidente da Deputación, no acto da celebración dos 25 anos o Banco de Alimentos estiveron presentes, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a conselleira de Política Social, Fabiola García; o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome; o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández; o presidente da Federación Española de Banco de Alimentos, Pedro Llorca e o presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices.  

Alianza da Deputación e o Banco de Alimentos

Manuel Baltar reivindica a alianza da Deputación e Banco de Alimentos: “O compromiso da Deputación co Banco de Alimentos, dentro da actitude social do goberno provincial. A Deputación ven de aprobar uns orzamentos que tamén son moi sociais, recoñecendo o traballo do Banco de Alimentos e fundamentalmente do seu voluntariado”. O presidente da Deputación destaca como esta xornada supon un recoñecemento ao propio Banco de Alimentos: “Esta é unha oportunidade para comprobar o gran traballo que leva a cabo esta entidade, nestas instalacións coas que colabora a Deputación. Reforzamos o compromiso do goberno provincial que presido para seguir nesta liña, no caso desta reunión para adquirir maquinaria que facilite o seu traballo e que así sexa máis doado desenrolar a súa gran acción social”.