Próximas actuacións de Ste Xeito Producións

De Ste Xeito Producións actuará o Venres 4 de Marzo, ás 20:00h, no Teatro Jofre de Ferrol, o Sábado 5 de Marzo, ás 22:00h,na Casa da Cultura da Picota do Concello de Mazarcos e finalmente o Domingo 6 de Marzo no Auditorio Municipal Xosé Casal do Concello de Vila de Cruces coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha nova oportunidade para disfrutar da nova obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco. Unha creación coa amizade como fondo e o feminismo como forma. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Próximas datasVenres 4 de Marzo – 20:30h – Teatro Jofre de FerrolSábado 5 de Marzo – 22:00h – Casa da cultura da Picota (Mazaricos)Domingo 6 de Marzo – 18:00h – Auditorio municipal Xosé Casal (Vila de Cruces)
Quedamos á súa disposición para calquera dúbida ou para realizar calquera tipo de entrevista ao longo desta semana. Ademáis axuntamos fotos e a nosa xira de Outoño 2022 e datos de contacto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sinopse de Feminíssimas Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo… feminismo radical, feminismo liberal e postfeminismo.¿Serías amig@ de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?
Este é o punto de partida desta creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
FEMINÍSSIMAS
– TRAILER:https://youtu.be/6hNOBJ4DN2s
 VIDEO FOTOShttps://www.youtube.com/watch?v=5k2waMeVYoM&feature=youtu.be
– RESEÑAS RADIO Y PRENSAhttp://www.diariocultural.gal/colaboracion/feminissimas-o-humor-a-partir-da-esaxeracion-dos-estereotipos/