Esther Estévez grava un capítulo do seu espazo “Dígocho eu” no IES nº1

O espazo lingüístico “Dígocho eu”, dispoñible na TVG e con máis difusión nas redes sociais, propoñía un concurso no que os alumnos debían realizar un guión cunha proposta para un dos capítulos con recomendacións de lingua galega. No IES nº1, unas das propostas foi a gañadora e recibiron a Esther Estévez, a protagnista deste espazo, para gravar o guión que eles crearon, e que os levou á semifinal, polo de agora.

Aínda que este espazo foi gravado estes últimos días, non será emitido ata o Día das Letras Galegas. Neste caso, a proposta destes mozos está relacionada cos castelanismos que se usan no ámbito da ciencia e no laboratorio.

AVANTAR ACTIVIDADES