O cine club proxectará en marzo filmes extranxeiros e ca muller de protagonista

A programación do mes de marzo do Cine Club está centrada no panorama internacional máis recente. O venres día 4 comezarán forte con unha das películas do ano, a xaponesa “Drive my car”, candidata a 4 Premios Óscar, Globo de Ouro á mellor película de fala non inglesa, Mellor guión e Premio FIPRESCI en Cannes… e así ata completar unha lista case interminable de recoñecementos.

Trátase dunha programación centrada moito en historias protagonizadas, feitas e dirixidas por mulleres, coa que queren aportar tamén o seu gran de area a todas as celebracións reivindicativas do día internacional da muller traballadora do próximo 8M.

AVANTAR ACTIVIDADES