A Feira do Viño retoma o formato presencial e abre a inscrición para as adegas e colleiteiros

O Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro, entidades organizadoras da Feira do Viño, comunican que a presente edición (que será a 59ª) volverá ao seu formato de sempre no recinto da Alameda de Ribadavia, e tamén as súas datas de sempre. Deste xeito, para contar ca participación tradicional, abren o prazo de inscrición para Adegas e Colleiteiros ata o vindeiro xoves 10 de marzo ás 14h.

Hoxe tivo lugar a primeira xuntanza con Adegas e colleiteiros no Concello de Ribadavia, a quen se lles trasladou o formato, datas e prazos para esta nova edición da Feira do Viño Ribeiro.

Os organizadores do evento darán a coñecer nas vindeiras semanas mais información de como se desenvolverá o evento, así como o cartel, que se fará a través dun concurso.

PUBLICIDADE ELECTORAL

A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, destaca que a previsión de participación é moi positiva para esta edición, despois de dous anos sen poderse celebrar a causa da pandemia. Así, nos últimos dous anos, realizáronse algunhas actividades, pero non a feira no seu formato máis coñecido.

A programación irase dando a coñecer nas vindeiras semanas, así como o cartel, que se fará a través dun concurso.

No seguinte enlace hai máis información do evento en edicións anteriores.