O BNG do Ribeiro inicia a campaña do Día Internacional da Muller Traballadora

Maite Rodríguez, Purificación Vázquez e militantes do BNG  dan inicio á campaña do 8 de marzo na comarca cunha concentración en Ribadavia baixo o lema  “Queremos todos os dereitos e querémolos xa”

Maite Rodríguez, voceira do BNG de Ribadavia, Purificación Vázquez, voceira do BNG na entidade menor de Berán, e militantes do BNG da comarca do Ribeiro inciaron a campaña do 8M, cunha concetración na Praza Maior de Ribadavia, baixo o lema”Queremos todos os dereitos e querémolos xa”, lema co que o BNG celebrará o vindeiro 8 de marzo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o BNG convidamos a repetir unha gran mobilización na rúa este 8 de marzo Día Internacional da Muller, declaraba a Maite Rodriguez,  para reclamar unha terra de mulleres que poidan ser libres e iguais, con dereitos, con dignidade e con futuro.

Purificación Vázquez, indicou que con esta campaña, “queremos denunciar e abrir o debate sobre a cousificación das mulleres e como se ampara, queremos animar a saír as rúas e a organizarnos, estar xuntas este 8M para impulsar o resto do ano as medidas que necesitamos para avanzar cara unha sociedade de iguais”.

Para o Bloque a defensa dos dereitos das mulleres forma parte dos nosos cimentos como organización política e non imos permitir nin un paso atrás no que costou tanto esforzo conseguir, ao contrario seguiremos traballando en todos os ámbitos pola igualdade real das mulleres.

En definitiva, “con esta campaña animamos á sociedade galega a reflexionar sobre o feito de que queda moito por avanzar en igualdade e polo tanto é moi necesario saír ás rúas este 8 de marzo para, entre todos, pór o noso grao de area e conquerir todos os dereitos e conquerilos xa”.