O domingo de cachucha poderá desfrutarse en 23 locais hostaleiros do Carballiño

O domingo de Piñata o Carballiño celebrará a tradicional Festa da Cachucha, que chega á súa 27 edición, e onde un gran número de locais da hostalaría carballiñesa serán os protagonistas. Un total de 23 establecementos manteñen as reservas abertas para que tanto veciños coma turistas desfruten dun menú típico de Entroido. Nalgúns restaurantes coma Don Paco teñen case todo reservado, e esperan esta data para ofrecer un gran menú.

A animación non faltará, xa que actuarán as charangas CLK, Dr. Anchoa e Castro Bello, tanto pola mañá, dende as 12:00 horas ata as 14:00 horas como durante a tarde. Ademais, tamén se prevé recuperar as actuación dos Liborianos e de Terras do Arenteiro, que tiñan que actuar o martes de Entroido e foron canceladas pola choiva.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta xornada é a gran esperada polo sector hostaleiro, xa que o Entroido deste ano non contou con desfile, e o domingo de piñata é o día no que xuntan esforzos para levantar a tempada.