Espazo Común critica que o Concello non teña orzamentos a pesar da maioria absoluta do grupo de goberno

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

NOTA DE ESPAZO COMÚN

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde Paco Fumega non é capaz de presentar uns orzamentos en tempo nin con maioría absoluta.

Xa escomezado o mes de marzo, aínda non hai rastro de proposta orzamentaria algunha. Isto levará a que non haxa contas firmes ata, como pouco, mediados de ano.

A desidia e a parálise inundan a acción do goberno municipal do Carballiño.

Xa transcorrida a primeira semana do mes de marzo deste exercizo 2022, o goberno socialista do Carballiño aínda non presentou, de xeito oficial, documento económico algún que avance o que van ser os orzamentos do ano en curso.

A importancia deste documento para a xestión municipal e a distribución dos recursos públicos non é, en absoluto, unha cuestión menor. É o eixe que define o proxecto de pobo dun goberno e os seu modelo de xestión.

Na súa confección quedan definidos parámetros fundamentais coma as inversións públicas a acometer ou os recursos que se van adicar a políticas sociais. Por poñer só dous exemplos.

O feito de que a día de hoxe non haxa avance ningún niste eido, implica que, indo todo ben, ata mediados de ano non haberá orzamentos municipais.

Resulta incomprensible que un goberno con maioría absoluta e con cinco concelleiros percibindo soldos do erario público non sexa quen de levar a termo este imprescindible documento en tempo e forma.

Iso sí, para tentar subir os impostos aos veciños a finais do ano pasado sí que andiveron áxiles.

Certo é que iste feito non é máis ca un reflexo dun goberno sumido na parálise e na desidia, feito extrapolable a calquer eido de acción: obras prometidas cen veces sen facer, obras mal executadas, abandono do rural, cero avances no novo Centro de Saúde e na ampliación do Parque Empresarial e así ata o infinido. Unha dinámica que por desgraza cada vez afecta máis ao día a día do pobo e dos seus veciños.

Dende Espazo Común demandamos ao goberno de Fumega que se poña a traballar e que se deixen xa de facer política de escaparate e de venda de fume.