Novo Programa Mímate, de Carballeda de Avia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Novo Programa Mímate, de Carballeda de Avia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A nova actividade de carácter Termal enmarcada no Programa Mímate, xunto con outras actividades que se plantexan dentro deste novo Programa máis de carácter emocional  e formativo, como “Obradoiros de Autoestima e Resiliencia” e “Desenrolo Emocional”, estase a realizar dende este mes de Marzo a actividade  termal de Aquagym no Balneario de Cortegada, ó que acoden semanalmente 38 persoas, especialmente mulleres maiores de 60 anos, para realizar dita actividade e ademais poder acceder ás piscinas termais do Balneario.

A actividade vai dirixida especialmente ás mulleres e homes do noso Concello, para poder incidir nunha mellora da saúde física, pero tamén psicolóxica, moi mermada e afectada por todos estes anos de pandemia onde as relacións sociais se viron moi afectadas.

O Convenio realizado polo Concello de Carballeda de Avia, co Concello de Cortegada (representante do Balneario) permite que todos os participantes destes programas poidan acudir cun custe mensual de 20 euros ó mes, incluíndo o propio transporte dos mesmos polo propio Concello a través do Autobús adaptado de 19 prazas. A actividade está financiada polo propio Concello de Carballeda, ademais da aportación mensual dos usuarios, quenes valoran moi positivamente este tipo de actuacións, xa que observan as melloras físicas e psicolóxicas que supón a actividade, e o esforzo municipal para poder levalas a cabo. Así, durante todo o 2022, dous grupos semanais, de 19 personas cada un, beneficiaranse de dita actividade, dentro deste novo Porgrama do CIM de Carballeda “Mímate”.

Sinalar que para o Concello estas actividades máis que un gasto, son unha inversión social, que reflicte na mellora da calidade de vida dos nosos veciños, supoñendo un 34% do Presuposto anual do Concello, uns 530 mil euros, no que ademais destas actuacións encontramos o Servicio de Axuda no Fogar, actividades formativas, culturais e de ocio para todos os colectivos, Programa de Conciliación para as familias, converxendo así todas as actuacións nun Programa xeral de carácter social que incide moi positivamente nas necesidades e na calidade de vida do Concello.