8 de marzo: ” Día Internacional da Muller “

IES CHAMOSO LAMAS

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. Celébrase en moitos países do mundo. Nalgúns destes países é festa nacional.

A forza que consegue un movemento de mulleres en todo o mundo traspasa fronteiras, diferenzas culturais, económicas, ideolóxicas e de calquera tipo. As mulleres unidas teñen o poder de cambiar o mundo e lograr a igualdade en todos os ámbitos da sociedade.

HIPER MASIDE

Desde aquí convidámosche a que celebres o Día Internacional da Muller, sexas muller ou home, para lograr unha sociedade máis xusta, máis pacífica e máis sostible, porque as mulleres poden lograr iso e todo o que se propoñan.

Por que se celebra o Día Internacional da Muller?
Se hai algún colectivo que sabe de loita ese colectivo son as mulleres. Só hai que botar a vista atrás para ver o que conseguiu a muller en só 100 anos, o que se avanzou. Pero aínda queda moito camiño por percorrer.

O movemento do 8 M faise cada ano máis forte e sábese poderoso, como cada unha das mulleres individuais que o compoñen. Grupos, asociacións, fundacións, Ong e mulleres en xeral seguen loitando cada ano por acabar cos acosos, asasinatos de mulleres, violencia de xénero, brecha salarial e as desigualdades en todas as súas formas.

Máis INFORMACIÓN en https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-internacional-mujer

BOLETINS OFICIAIS : Información de interes :

clic na imaxe

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

8 de marzo 1886
Na cidade de Norwalk (Estados Unidos) nace Edward Calvin Kendall, bioquímico norteamericano que en 1919 illará a tiroxina, hormona da glándula tiroides. En 1927 será sintetizada en laboratorio. En 1950 logrará o Premio Nobel de Medicina, polo illamento da cortisona, hormona da cortiza suprarrenal, a súa estrutura e os seus efectos biolóxicos no tratamento da artrite.
1714
Nace en Weimar (Alemaña) Carl Philipp Emanuel Bach, músico e compositor alemán, fundador do estilo clásico e un dos compositores máis importantes do período galante e quinto dos sete fillos de Johann S. Bach

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

8 de marzo 1942
Falece en Nova York, Estados Unidos, o xadrecista cubano e campión mundial de xadrez de 1921 a 1927, José Raúl Capablanca. Xenio precoz neste deporte, foi alcumado “o Mozart do xadrez”; por ser imbencilbe na súa mellor época, chamóuselle “a máquina do xadrez”
1869
En París (Francia) falece Hector Berlioz, compositor romántico francés, que está considerado como pai da estrutura da orquestra moderna. A súa “Sinfonía fantástica” tal vez unha das súas máis notables traballos.

SANTORAL

8 de marzo Juan de Dios, confesor y Patrono de los bomberos y practicantes ; Quintilo, Cirilo, obispos; Julián de Toledo, Félix, Filemón, Apolonio, Teótico, Urbano, Rogato, Silvano, mártires; Veremundo, abad; Poncio, diácono; Liberio, Arnoldo, confesores; Antonino, eremita.