Axentes da policía autonómica esclarecen un lume no concello ourensán de Cenlle

No transcurso das investigacións, tomouse declaración a un varón, presunto autor do lume, quen se atopaba a realizar unha queima para a que non tiña autorización e sen as debidas medidas de seguridade

Axentes do Grupo de Investigación da Unidade de Policía Autonómica de Ourense, esclareceron un incendio rexistrado o pasado día 25 de febreiro no concello ourensán de Cenlle.

AVANTAR ACTIVIDADES

O lume tivo lugar na parroquia de Razamonde, no concello de Cenlle, e afectou a 0,30 hectáreas de superficie arborada. No transcurso das investigacións, tomouse declaración a un varón, presunto autor do lume, quen se atopaba a realizar unha queima de restos forestais para a que non tiña autorización e sen as debidas medidas de seguridade, posibilitando, dada a pendente da parcela, que o lume se propagara ás fincas lindantes.

O lume foi extinguido polos medios da Xunta de Galicia, actuando 2 Axentes forestais, 3 brigadas e 2 motobombas. As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia (Ourense).

Nesta campaña anti-incendios forestais do 2022, un total de 5 persoas foron detidas/ investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.