A voceira do BNG no concello do Carballiño, Sofía García, sinala ante o goberno municipal os compromisos pendentes e incumpridos por diferentes institucións e ámbitos de responsabilidade que colocan no centro do debate político e social as consecuencias para as mulleres galegas do sistema económico, social e político, agravadas polo impacto da pandemia da covid-19, a precariedade e desigualdade previa, e acrecentada polas decisións tomadas na crise financeira de 2008,
A voceira nacionalista demanda da Xunta de Galiza o cumprimento do compromiso, incumprido desde marzo de 2019, de impulsar cláusulas de igualdade na contratación pública galega contemplando, a partir do diálogo coas organizacións sindicais e sociais, as seguintes medidas: diagnose, planificación para a posta en marcha e mecanismos de avaliación, así como unha comisión responsábel do seguimento do proceso, un informe anual, unha partida orzamentaria para sufragar a implantación e o impulso aquelas modificacións legais oportunas para blindar legalmente a obrigatoriedade da inclusión deste tipo de cláusulas na contratación pública galega.
Cómpre, indica García, que o concello inste ao Parlamento de Galiza a que impulse unha reforma da Lei de Igualdade que data do 2004 e que quedou obsoleta xa que é preciso pedir as transferencias en materia de inspección laboral e poder controlar e sancionar os incumprimentos neste ámbito.
Así como a necesidade de actualización do estudo realizado en 2008 sobre o chamado traballo invisible das mulleres para darlle visibilidade e corrixir as diferenzas e deficiencias existentes. Ao mesmo tempo Exixir ao Goberno do Estado a ratificación do convenio 89 da OIT é outras das demandas do BNG do Carballiño
Todas estas medidas, que o BNG presenta no Carballiño, inscríbense dentro da campaña arredor do 8 de marzo, que o BNG conmemora baixo o lema “Queremos todos os dereitos e querémolos xa”, campaña coa queremos denunciar e abrir o debate sobre a cousificación das mulleres e como se ampara, e impulsar o resto do ano as medidas que necesitamos para avanzar cara unha sociedade de iguais,manifestou Sofía García que continuou decindo, “con esta campaña tamén animamos á sociedade galega a reflexionar sobre o feito de que queda moito por avanzar en igualdade e , entre todos, pór o noso grao de area e conquerir todos os dereitos e conquerilos xa”.