O IES nº1 mellora as dependencias do salón de actos e instala a fibra

O instituto IES nº1 do Carballiño está a piques de rematar unha reforma no seu salón de actos. Trátase dunha inversión cuantiosa gracias á colaboración da consellería de Educación. Nesta mellora fíxose un arranxo do teito, xa deteriorado co paso do tempo. Tamén se cambiaron as luminarias, con maior potencia e tamén supondo un aforro enerxético.

Por último, fíxose a instalación da fibra óptica, o que permitirá unha maior velocidade na rede de internet, moi necesaria no día a día do centro e para a implementación das novas tecnoloxías.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a dirección do centro valoran moi positivamente estas actuacións, afirmando que eran xa necesarias e que supoñen un avance para as actividades que se realiazan a diario no salón de actos.