O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá co presidente da Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense, José Manuel García.
Gabriel Alén aproveitou a xuntanza para escoitar de primeira man as actividades e programas nos que esta asociación está a traballar, así como cales son os seus proxectos de futuro.