O Paco Chao acolle o domingo a primeira etapa da FGP coa organización do Club Aehde

O anexo do pavillón Paco Chao do Carballiño acolle o domingo, dende as dez, a I etapa do circuito roller cross da Federación Galega de Patinaxe coa organización do Club de Patinaxe Aehde O Carballiño, que este ano volve a organizar varías citas do calendarios autonómico da patinaxe en diferentes modalidades.

A deste domingo corresponde á patinaxe en liña e na cita estarán representados clubs das provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense nas diferentes categorías, dende pequenos á absoluta. O Aehde, club organizador, contará cunha pequena representación.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño xa fora sede no outono pasado dunha etapa do mesmo circuito na súa edición do 2021 e nesta ocasión conta co aval da FPG para ser o punto de inicio ao calendario de 2022. Logo o evento continuará por outros puntos da xeografía galega.

Por outra banda, no mes de xuño o Club Aehde será o organizador do Campionato Galego de grupos show de segunda categoría e no mes de outubro o Paco Chao acollerá unha fase de niveis da FGP. Estas dúas competicións pertencen ao calendario autonómico de patinaxe artística.