Maside conta con dúas casas do maior. Hoxe visitamos a do municipio

As casas do maior enmárcanse en Galicia como un dos recursos máis importantes do ámbito social e ca finalidade de ofrecer un punto de encontro e ocio e como oportunidade de socializar para as persoas de máis idade, e sobre todo logo das consecuencias de illamento desta pandemia, algo que se viu máis agravado no rural. No concello de Maside, nos últimos seis meses, crearonse dúas, unha delas en Dacón, e a que visitamos hoxe, en Maside.

María Luisa Rodríguez aproveitou a oportunidade de solicitar esta casa do maior e a súa xerencia en 2021, aínda que xa o quería facer antes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Están destinadas a persoas maiores, pero que se valen por sí mesmas, ca finalidade de facer actividades e pasar o tempo, e logo volver a súa casa e seguir ca súa vida.

Para solicitar praza, hai que acudir ós Servizos Sociais do concello, e será posteriormente a Xunta a que avalíe a solicitude e asigne unha praza.

O alcalde, José Manuel Iglesias, valora o esforzo de sacar adiante estas iniciativas por parte das súas creadoras e anima a todos a que participen neste servizo.