O Carballiño sobe levemente ata os 73 contaxios, logo de dous días de descenso

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe nesta xornada ata os 73 casos, oito máis ca onte, logo de dous días de descenso. Maside conta con 12 casos activos, mesma cifra ca Sin Cristovo de Cea. Boborás mantén 10 casos. Piñor conta con 4 casos activos. San Amaro conta con tres contaxios. O Irixo e Beariz contan cun caso activo cada un deles. Punxín é o único libre de covid.

A comunidade galega rexistra hoxe 1.864 contaxios novos. O número de casos activos ascenden hoxe ata os 19.441. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 27 (-1) están en UCI e 323 (-44) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 271 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben hoxe ata os 2.806, un leve repunte. En canto á presión hospitalaria, contamos con 57 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (=)  na UCI.