Falamos da biblioteca referencial na comarca do Ribeiro, con usuarios de toda a comarca, e con máis de 1.000 socios/as, sendo case 200 usuarios infantís.
O Concello ven de aprobar en Xunta de Goberno un Proxecto de renovación total do equipamento para a biblioteca que ascende a 23.527,52 euros. Foi solicitado ao amparo da convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

Agardamos que sexa aceptada e desde a Xunta de Galicia se axude da mesma maneira que se ten feito con bibliotecas de menor repercusión e alcance que a de Ribadavia.
