Espazo Común leva ao vindeiro pleno unha moción para que o Carballiño quede fóra da privatización da recollida de lixo da Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hai xa tempo que están a saír novas con respecto á intención do ente provincial e o noso Concello non pode permitir que outros decidan por nós.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

MOCIÓN

Manuel Vázquez Fernández, Adolfo Nogueira Campo e Érika Paz Rodríguez como concelleiros do Grupo Municipal de Espazo Común deste Concello e en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta  MOCIÓN PARA QUE O CARBALLIÑO NON PARTICIPE NA PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO INICIADO POLA DEPUTACIÓN

                                            EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Dende o ano 2012, cando foi aprobada a proposta do goberno local só cos votos do Partido Popular, o servizo de recollida de lixo no Concello do Carballiño está delegado na Deputación de Ourense.

A calidade das prestacións recibidas foi variando no tempo, pasando por momentos mellores e peores pero o que sí é certo é que o custo económico para as arcas municipais foise disparando pasando duns 450.000 € no 2012 a 800.000 no 2022, coas conseguintes subas nos recibos que pagan tódolos fogares e negocios. É, polo tanto, un dos máis custosos para este Concello.

Dende o primeiro día estivo enriba da mesa que a intención derradeira do ente provincial era a privatización do servizo en tódolos concellos cos que tivera convenio.

Sen embargo, ata o de agora, ante a oposición sobre todo da parte sindical, non se avanzou en dita liña.

O modelo de xestión ata este intre aínda é público pero o Partido Popular provincial xa deu moitos dos pasos necesarios para poñelo en máns dunha empresa.

O Carballiño é o concello con máis habitantes dos que forman parte do paquete, xa que a capital non está incluída no mesmo. E por tanto, o noso concello ten moito que dicir ao respecto. Non pode ser un convidado de pedra mirando como outros deciden por nós en asuntos prioritarios.

Dende Espazo Común, sempre apostaremos en primeira instancia pola remunicipalización do servizos e pola súa prestación de xeito totalmente público, sen embargo, en caso contrario, avogamos polo menos porque sexa o propio Concello do Carballiño quen licite e adxudique o seu servizo de recollida de lixo.

Isto permitiría un maior control sobre o mesmo e, con toda seguridade, moitas melloras nas prestacións que reciben os cidadáns.

Por poñer só un exemplo, poderíase implementar un modelo que permitira a retirada da maior parte dos contedores do casco urbán, co conseguinte beneficio, gañando aparcamentos, mellora da imaxe e eliminando cheiros e molestias.

Isto é algo que a Deputación non vai contemplar pois o seu obxectivo é meter a tódolos concellos no mesmo saco, algo que perxudica sensiblemente ao noso.

Ante a falla dunha declaración institucional solida clara  por parte deste municipio, propomos que sexa este pleno quen decida o que vai acontecer cun servizo esencial.

Visto todo o anteriormente comentado,                                                                                                                       

                                                                  SOLICITAMOS

  1. Que se acorde que o Concello do Carballiño rematará o convenio para a delegación do servizo de recollida de lixo coa Deputación neste ano 2022, con efectos para o 2023 no caso de que o ente provincial continue adiante co proceso de privatización.