Mila Marchetti é a muller que apareceu morta no punto limpo do Carballiño

Esta é a identidade da muller de 38 anos de orixe brasileira residente en Carballiño, cuxo corpo foi achado sen vida a pasada madrugada no punto limpo. Segundo informou a Garda Civil, o cadáver presentaba múltiples golpes.

No seguinte enlace pódese ver a foto de Mila publicada no xornal ” La Región “

AVANTAR ACTIVIDADES

https://www.laregion.es/asset/thumbnail,1280,720,center,center//media/laregion/images/2022/03/14/2022031402415293585.jpg

Según distintas informacións tiña unha filla de 17 anos e estaba vinculada dalgunha maneira co club de alterne Ninfas ubicado en Listanco

Durante a xornada de onte, o equipo forense realizou a autopsia ao cadáver para esclarecer as causas da súa morte, que apunta a un posible crime polas características do seu descubrimento no punto limpo. Marchetti presentaba numerosas contusións e polo momento decretouse o secreto das actuacións.