O prezo do carburante pon en parón indefinido ós camioneiros do Carballiño e contorna

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá comezou un parón indefinido da man dos camioneiros e transportitas do Carballiño e da contorna. O seu obxectivo é paralizar ó sector para reclamar un traballo digno, que se está a converter en imposible ca suba descontrolada do carburante.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O parón, segundo nos comentaron hoxe, será indefinido, ata que se tomen medidas sobre a situación actual. No caso de ser necesario, permitirase o abastecemento de servizos mínimos.

O colectivo reclama unha intervención no mercado dos carburantes por parte do Goberno, para fixar prezos asequibles para os transportistas, aínda que contempla outras medidas como a exención fiscal do 45% sobre os carburantes.