O BNG do Carballiño recolle sinaturas este mércores 16 de marzo baixo o lema “Queremos tren!” a prol dunha rede ferroviaria galega de calidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Con esta iniciativa, desde a formación nacionalista queren denunciar a situación que vive Galiza en canto ao déficit, deterioro e abandono de infraestruturas ferroviarias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O BNG do Carballiño recollerá sinaturas este mércores 16 de marzo aproveitando a celebración da feira na vila, será cunha mesa no cruzamento entre a Praza Maior e a rúa Rosalía de Castro. O motivo non é outro que a demanda dunha rede ferroviaria galega de calidade e que dentro da campaña Queremos tren! están a desenvolver desde a formación nacionalista ao longo de todo o país.

Para o BNG esta campaña ten un claro obxectivo que non é outro que reclamar un tren digno para Ourense e un tren digno para o resto do país. Hoxe é máis necesario ca nunca xa que como consecuencia do contexto no que nos atopamos actualmente, cunha crise climática que obriga a reducir o uso do coche e cunha crise económica con suba constantes de prezos, e cos combustibles marcando prezos que imposibilitan que moita xente se poida trasladar para traballar ou estudar.

No BNG afirman apostar por unha mobilidade que responda ás necesidades das galegas e galegos, e que contribúa á vertebración e ao desenvolvemento do país. Por estas razóns abogan por:

• Que a Xunta de Galiza asuma todas as competencias en materia de ferrocarril interior.

• Recuperación das paradas de tren alí onde haxa apeadeiros ou estacións.

• A rebaixa de cando menos un 30% do prezo da liña Avant Ourense – Santiago – A Coruña, actualmente un 60% máis cara que as liñas atlánticas.

• O aumento das liñas rexionais entre Ourense – Santiago, Ourense – Vigo e Ourense –Valdeorras para dar cobertura ás paradas intermedias, hoxe abandonadas.

• Que o tren sexa considerado un servizo público básico, universal e economicamente sustentábel.

• A restitución inmediata das liñas suprimidas coa desculpa da COVID-19, e de forma urxente a do Avant Ourense – A Coruña das 06:45h.

• A mellora da oferta horaria para facilitar os desprazamentos de estudos e traballo.

• Creación dunha operadora ferroviaria pública galega “Galtren” a través da cal pór en marcha un servizo de trens de cercanías, recuperando as liñas abandonadas, mantendo e aumentando liñas, frecuencias e paradas, e creando novos apeadeiros en zonas de crecemento poboacional.