O Carballiño conta con 62 contaxios activos de covid-19

O concello do Carballiño conta hoxe con 62 casos, descendendo os contaxios. San Cristovo de Cea conta con 19 contaxios, sete máis nos últimos días. Boborás conta con dez casos. San Amaro e Maside contan con oito casos cada un deles. Piñor conta con cinco casos e O Irixo con catro. Beariz e Punxín están libres de covid.

A comunidade galega rexistra hoxe 1.920 contaxios novos. O número de casos activos ascenden hoxe ata os 19.483. A ocupación das camas dos hospitais ascende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 26 (-1) están en UCI e 352 (+29) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 243 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 2.802. En canto á presión hospitalaria, contamos con 56 (-8) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (+1)  na UCI.