As leiras a ermo

Manuel Herminio Iglesias


Como moitos ourensás recibo unha carta en nome do Concello comunicándome  que teño que limpar unha parcela e cortar uns piñeiros que seica están a menos de 50 metros  dunha  dunha chavola pra gardar a ferramentas que se empregan nas labores nos eidos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aínda que a misiva non permite alegar, e ameaza cunha  sanción,   contacto cunha persoa pra facer a corta e a limpeza da parcela que  antes era viña e hoxe esta en ermo. Mais sen entrar no fondo ca cuestión, e da legalidade dos prazos, e de si a caseta tiña ou non licencia, tiro para adiante e fago o que me mandan. Mais, como a Guerra de Ucraina está en todos os medios, escoito que todo o que ali acontece terá unha grande repercusión incluso no prezo do pan. Pois seica somos moi dependentes dos cereais que dese pais  veñen. E axiña, ó ver todo o noso sector primario en ermo, reflexiono e pregunto: o futuro deste  noso sector  é o mato e as silvas? Non haberá que replantexar como  quitarlle un bo rendemento a esas terras que tantos e  bos produtos deron anos atrás. Como non atopo respostas,  doulle voltas  á cabeza e, por si ós máis novos o descoñecen, lémbrolle que non hai máis de 50 anos, no que hoxe algúns chaman o Perímetro Rural, ainda estaban moi vivas as  hortas.  Si,  das que salía o rianxo pra vender na Praza de Abastos. Pois estas terras  eran as que maiormente abastecían á cidade nas dúas prazas que había. Ou sexa: a número un, hoxe en obras,  e a  dous  en  Ponte Canedo.

Mais a chegada da industrialización dos anos setenta, que foi positiva e ninguen o nega, fixo que o sector primario, no canto de modernizarse  e adaptarse ós tempos, quedara relegado no mellor dos casos, ó autoconsumo familiar. E agora, xa non hai pementos nin tomates; xa non hai patacas, nin millo ni centeo,  nin a froita desas hortas tan frondosas.  Que o mundo cambiou,  é verdade;  mais penso que  a esas terras hai que buscarlle unha  rentabilidade.  Escoito   falar moito de ecoloxía ós mais mozos;  mais como me dixo o madeirista que veu cortar o meus piñeiros, vexo poucas iniciativas a nivel político e individuais que tomen o camiño de pór as terras en valor.  Vexo un desleixo a tomar medidas que troquen a estructura da  propiedade da terra pra buscarlle un mellor proveito. Onte,  co tema da invasión rusa a un  país libre como Ucraína, escoitamos falar ós lideres europeos de que temos que tratar de ser o menos dependentes  dos produtos de terceiros países.   Pois si ese é un obxectivo, non queda outra que potenciar e mellorar o mundo rural. E pra eso hai que  dotalo de medios que o fagan atractivo pra fixar nel  poboación e impedir  que morran as aldeas  e vilas. A nosa terra ten moitas potencialidades sen esplotar. Ten madeira que, a día de hoxe está sendo queimada, e é  minusvalorada, mentres  importamos  o pino  laminado dos paises nórdicos.

En fin , si dentro  de Galicia, Ourense é a provincia onde o sector primario está máis en declive, algo haberá que facer pra aproveitar a riqueza que hoxe esmorece pola falla de iniciativas das administración e da sociedade en xeral. Sociedade que está apalancada  sin  reivindicar solucións para esas terras hoxe en ermo. Gastar os cartos limpando as fincas non é a solución, ó igual que non o son as sancións. O camiño que hai que tomar é outro moi distinto. 


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas