Antonio Rodríguez Miranda visitou a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas e aproveitou para recordar que permanece aberta a liña de apoio económico social deste departamento para axudar ás familias galegas residentes no exterior que se atopan nunha situación económica precaria
Tamén visitou o centro de día desta entidade que presta servizo a medio cento de galegos residentes en Caracas
O pasado ano, estas axudas permitiron apoiar a máis de 3.100 familias galegas de Venezuela
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a oficina social da Hermandad Gallega de Venezuela e o seu centro de día para agradecer o seu labor e o apoio que dende a mesma se está a ofrecer aos galegos deste país que presentan maiores necesidades.
Na súa visita á principal entidade galega en Venezuela estivo acompañado polo presidente da Hermandad, José Antonio Alejandro, e o seu secretario general, Ángel Manuel Rodríguez e polo subdirector de Coordinación da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Casas. Na actualidade, a Hermandad Gallega de Venezuela conta con máis de 33.500 socios, dos que máis de 23.500 son galegos ou descendentes de galegos.
O secretario xeral da Emigración aproveitou tamén para visitar o centro de día da Hermandad no que se préstase servizo a medio cento de galegos residentes en Caracas de idade avanzada.
A Hermandad Gallega de Venezuela ofrece actividades de todo tipo, tanto culturais como sociais, deportivas e de ocio. “É, sen dúbida, unha das entidades máis importantes en canto ao apoio aos nosos galegos no exterior. Eles son que mellor coñece a situación dos seus socios e pode axudarnos a chegar a quen pasa por maiores necesidades tanto sanitarias como económicas”, explicou Miranda.
Miranda recordou que o ano pasado destináronse case 4 millóns de euros a axudas de carácter social aos galegos de Venezuela, o que lle permitiu a administración autonómica desenvolver neste país tódolos programas de contido social cos que se lles atende.
En total, estas axudas permitiron apoiar a máis 3.100. familias galegas de Venezuela tanto a través das axudas de emerxencia social como a través das económicas individuais, e tamén grazas ao programa de entrega de medicamentos co que se axuda a enfermos crónicos ou maiores de orixe galego.
Miranda agradeceu tamén a colaboración que en este sentido están ofrecendo as oficinas sociais dos outros centros galegos de Venezuela: o Centro Gallego de Maracaibo, a Hermandad Gallega de Valencia e do Centro Gallego de Puerto La Cruz, “xa que sen eles sería moi difícil, senón imposible, chegar a toda esta colectividade, apoialos e acompañalos”.